top of page

Ola

O meu nome é Chola

Son unha blogueira e Youtuber do rural galego 100% ecolóxica, ou tamén chamada unha it Girl rectificada. Tamén son mecánica de automóbiles, traballo no campo, pesco, cociño.... teño un coche no que desenvolvo a miña faceta de piloto de rallyes, no que sempre levo de copiloto á miña mellor amiga Lola, unha galiña.

 

Chola&Lola é o nome da miña tenda online e a miña propia marca de roupa, que vos revelará a miña paixón polo mundo do motor, a cultura, a ecoloxía e o coidado corporal.

 

Esta primeira colección chámase "Muller Glocal", en homenaxe a vós, mulleres, que pensades localmente para actuar de maneira global. Vós,  que formades parte desa estirpe de mulleres decisivas que están  un paso por diante da sociedade rural na que viven, polo voso inconformismo, talento, forza, e personalidade; pero tamén pola vosa procura incansabel de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola vosa teima e constancia por fuxir dos canons actuais do que debería ser unha muller tendencia.

​

Con Chola&Lola quero contribuír a que sexas fiel a ti mesmo, sen importar o que os outros pensen de ti!!!

​

bottom of page